miércoles, 16 de mayo de 2012

Matemáticas II. Exame final é recuperacións

Nos seguintes enlaces podes ver o exame final resolto, cos criterios de cualificación, para o alumnado que tiña que examinarse de toda a materia. Tamén podes ver, as recuperacións de análise e, de xeometría e análise, que fixeron os alumnos que solo tiñan que examinarse dalgunha parte.

 Recuperación de análise

Recuperación de xeometría e análise

Final

jueves, 1 de marzo de 2012

Matemáticas II. Xeometría

Nos enlaces que tes a continuación podes descargar todo o material que necesitas para o bloque de xeometría. No arquivo, problemas de selectividade, están os problemas propostos en selectividade en Galiza, desde o ano 2000 hasta o ano 2011 ámbolos dous inclusive.

Xeometría. Teoría

Problemas de xeometría


Problemas de xeometría propostos en selectividade

Resume de xeometría

Exame resolto de xeometría

domingo, 18 de diciembre de 2011

Matemáticas II. Álxebra

Nos enlaces que tes a continuación podes descargar todo o material que necesitas para o bloque de álxebra. No arquivo, problemas de selectividade, están os problemas propostos en selectividade en Galiza, desde o ano 2000 hasta o ano 2011 ámbolos dous inclusive.

Teoría álxebra

 Problemas de álxebra

Problemas de selectividade

Xa podes ver o exame de álxebra do día 6 de febreiro resolto, e cos criterios de cualificación.

Exame de álxebra

lunes, 10 de octubre de 2011

Matemáticas II. Análise

Nos enlaces que tes a continuación podes descargar todo o material que necesitas para o bloque de análise. No arquivo, problemas propostos en selectividade, están os problemas propostos en selectividade en Galiza, desde o ano 2000 hasta o ano 2010 ámbolos dous inclusive.

Teoría análise

Problemas de análise

Gráficas de funcións

Problemas de análise propostos en selectividade

Xa podes ver os exames do bloque de análise, Cálculo Diferencial do día 9 de novembro e  global de Análise do día 15 de decembro, resoltos e o cos criterios de cualificación.

Exame Cálculo diferencial

Exame global de análise

martes, 9 de febrero de 2010

Pitágoras. Teorema de Pitágoras



Pitágoras naceu na illa de Samos en Grecia no ano 582 a.C.
Foi educado cos principais pensadores do momento como o filósofo Tales de Mileto, Anaxímenes e Anaximandro. Posteriormente no ano 530 a.c., e xa consagrado como un matemático importante, instaluse nunha colonia Grega do sur de Italia chamada Crotona para poñer en marcha unha nova escola matemática, a escola Pitagórica, na que acolleu a numerosos alumnos interesados polas súas doutrinas. Era unha institución que podía parecer sectaria, debido á gran cantidade de obrigacións que inculcaba aos seus discípulos, algunhas tan extravagantes como a prohibición de comer fabas, porque as relacionaba con formas de órganos vitais.Tiñan diversas escalas de coñecemento, e aqueles alumnos máis espelidos eran os seleccionados para aprender matemáticas avanzadas. O símbolo que adoptou foi a dun triángulo formado por 10 puntos, xa que este número lle parecía que en si mesmo representaba a perfección.

Para saber máis de Pitagoras fai clic sobre a súa imaxe.

TEOREMA DE PITÁGORAS

Nun triángulo rectángulo, o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos.