martes, 9 de febrero de 2010

Pitágoras. Teorema de Pitágoras



Pitágoras naceu na illa de Samos en Grecia no ano 582 a.C.
Foi educado cos principais pensadores do momento como o filósofo Tales de Mileto, Anaxímenes e Anaximandro. Posteriormente no ano 530 a.c., e xa consagrado como un matemático importante, instaluse nunha colonia Grega do sur de Italia chamada Crotona para poñer en marcha unha nova escola matemática, a escola Pitagórica, na que acolleu a numerosos alumnos interesados polas súas doutrinas. Era unha institución que podía parecer sectaria, debido á gran cantidade de obrigacións que inculcaba aos seus discípulos, algunhas tan extravagantes como a prohibición de comer fabas, porque as relacionaba con formas de órganos vitais.Tiñan diversas escalas de coñecemento, e aqueles alumnos máis espelidos eran os seleccionados para aprender matemáticas avanzadas. O símbolo que adoptou foi a dun triángulo formado por 10 puntos, xa que este número lle parecía que en si mesmo representaba a perfección.

Para saber máis de Pitagoras fai clic sobre a súa imaxe.

TEOREMA DE PITÁGORAS

Nun triángulo rectángulo, o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos.




No hay comentarios: